::COMO O FACEMOS::

LEMA é unha empresa galega adicada á prestación de servizos de "Limpeza e desinfección" ademais de "Control de Pragas e Lexionella". Consciente da necesidade de mellorar de forma continuada para aumentar a calidade do servizo prestado, o Xerente da empresa definiu uns pilares básicos:

A Satisfacción total dos clientes, buscando un alto grao de fidelización.

Cumprimento dos requisitos legais e regulamentarios aplicables á empresa.

Servizo Personalizado, Profesional, Integral e Especializado, o cal, sempre se intenta axustar ás necesidades do cliente.

Que os productos utilizados na prestación do servizo sexan de primeira calidade, seleccionando os mellores provedores.

Mellora tecnolóxica para poder dar un servizo máis completo e eficaz a un mercado de empresas de maior volume.

Mellora da competencia no traballo executado, establecendo plans de formación do persoal que permita dispoñer de traballadores debidamente cualificados.

Comunicación interna sinxela e eficaz que permita resolver os problemas con facilidade.

Esta política será revisada periodicamente e sirve como marco de referencia para o establecemento e revisión dos Obxectivos de calidade.

A Xerencia de LEMA comprométese a proporcionar os recursos técnicos e humanos precisos para que o marcado na política de calidade se cumpra en tódalas áreas da empresa.

O esforzo de todos proporcionará maior CALIDADE, PRESTIXIO, PROFESIONALIDADE E COMPETITIVIDADE á empresa.

RECURSOS HUMANOS

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Lema Limpeza e Mantemento entende que a seguridade e as boas condicións ambientais no traballo, contribúen a unha maior eficacia e benestar laboral dos traballadores. Por este motivo a prevención de riscos ocupa un espazo importante dentro desta empresa. Como consecuencia desta preocupación concertamos, coordinamos e aplicamos plans e programas de actuación preventiva cunha empresa especializada neste tema.

FORMACIÓN

A formación é unha materia imprescindible en calquera empresa profesionalizada. LEMA forma ao seu persoal por medio de diferentes organismos, dispoñendo cursos especializados e adaptados ás últimas novidades, para así cubrir as necesidades dos servizos que prestamos ós nosos clientes.

COMPROMISO

Conscientes de que a formación, capacitación e motivación do persoal son a base da nosa empresa, esforzámonos en que este se implique no cumprimento dos máis elevados obxectivos de calidade. Adquirimos así un compromiso para ofrecer o mellor e máis alto nivel no desempeño das funcións que vostedes reciben.